jueves, 9 de junio de 2011

A REGIONALISTA ORGANIZA A PRIMEIRA FULIADA EN TEO ESTA FIN DE SEMANA CUNHA DESTACADA MOSTRA DO FOLKLORE TEENSE

A Asociación Cultural A Regionalista organiza unha Fuliada en Teo este sábado 11 de xuño ás 22:00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa. O máis destacado desta reunión musical é o potente cartel coa participación da maioría das formacións folklóricas do Concello de Teo.


Pasarán polo escenario Os Ronquetas –Calo.; a asociación Rosalía de Castro –Cacheiras-; O Recobio –Bamonde-; A Mámoa –Luou-; a escola Cantigas e Agarimos –Santiago-; Os Enxebres –Cacheiras, Pablo Seoane ou a Orquestina Alvariza.

Esta iniciativa conta coa colaboración do Concello de Teo e da Deputación Provincial da Coruña, así como co patrocinio do Bar A Senra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario