martes, 7 de junio de 2011

O PRAZO PARA SOLICITAR AUTORIZACIÓN PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN REMATA O DÍA 23

Atentos en especial os socialistas, que este ano teñen moito que queimar.
Teo é un concello no que tradicionalmente se fan moitas cacharelas na noite do 23 ó 24 de xuño, tanto particulares como comunitarias. E ademais de celebralas na noite de San Xoán en moitos casos aprovéitanse as fins de semana próximas a ese día para facelas tamén.
Na solicitude de autorización débense indicar os datos de contacto así como o día no que vai facer a fogueira, así como o enderezo completo. Neste impreso aparecen unhas normas de obrigado cumprimento que os responsables das cacharelas deben cumprir. Entre elas destacan que a separación entre as fogueiras e as vivendas ou árbores debe ser de alomenos 12 metros, o volume da cacharela non debe superar os oito metros de perímetro e os oito de altura, prohíbese a queima de plásticos, aceites, pneumáticos...ou calquera sustancia que poida xerar fume tóxico.
Dende o Concello trasládanse as solicitudes ó Distrito forestal da Xunta de Galicia. Coa presentación da solicitude debidamente cuberta en prazo enténdese autorizada, agás que dende o Concello trasladen outra notificación contraria á celebración da cacharela.


3 comentarios:

  1. 201 embargos.....triste noticia

    ResponderEliminar
  2. ocarallo29decompostela

    201 embargos.........triste noticia

    ResponderEliminar
  3. O lume haberá que facelo en galego ¿non Sita Hermida?

    ResponderEliminar