viernes, 10 de junio de 2011

ESTE SÁBADO 11 DE XUÑO CELÉBRASE O PLENO DE CONSTITUCIÓN DA NOVA CORPORACIÓN E ELECCIÓN DE ALCALDE

A nova corporación teense reúnese este sábado 11 de xuño para realizar a sesión constitutiva da Corporación, elixida nas eleccións municipais celebradas o pasado 22 de maio. Nunha xornada na que se constitúen todas as corporacións do estado a sesión en Teo terá lugar ás 11:30 horas. O único punto da orde do día desta sesión inicial do mandato é a constitución da corporación e a elección do novo alcalde.
A sesión constitutiva é un acto reglado segundo o artigo 195 da LOREG no que se comezará por constituír a mesa de idade formada polos concelleiros/as electos/as de maior e menor idade presentes. A continuación os representantes municipais elixidos nas urnas presentarán a súa acreditación como concelleiro/a, para seguidamente xurar ou prometer o seu cargo.
Unha vez terminado este punto farase a elección do alcalde que deberá xurar ou prometer o seu cargo e tomar posesión. Nesta sesión tamén se realiza un arqueo extraordinario e comprobación do inventario de bens e dereitos.

investidura

No hay comentarios:

Publicar un comentario