viernes, 20 de mayo de 2011

RESULTADOS DO SONDEO ELECCIONS MUNICIPALES 2011

BNG 26 VOTOS (39%) 8 CONCELLEIROS
PSOE 19 VOTOS (28%) 5 CONCELLEIROS
PP 13 VOTOS (19%) 3 CONCELLEIROS
INTEO 6 VOTOS (9%) 1 CONCELLEIRO

POÑAMOS FIN Ó TRIUNVIRATO EN TEO


Diferentes caras para unha mesma política, a relidade en Teo é esta, só existen dúas ideas de goberno, o conservador-caciquil representado por BNG-PP-INTEO e o progresista representado por PSOE. O único erro de Jano Leis durante estes 8 anos foi limpar o seu partido de caciques que negociaban co ladrillo, todos sabemos os nomes, isa é a verdadeira factura que tivo que pagar. Xa está ben de caciqueo, ide votar todos o Domingo.

TEO 2025

NON QUEREMOS QUE TEO SE CONVIRTA NUN CONCELLO PANTASMA, SOLUCIONEMOS XA A POLÍTICA CACIQUIL E IMPOSITIVA DOS ÚLTIMOS ANOS, OO DOMINGO 22 DE MAIO VOTA CAMBIO



ESTE É O COMENTARIO QUE FACÍA ONTE UN VECIÑO

"É verdade meu. Nos traballamos en Santiago, imos á piscina a Bertamiráns, imos ó ximnasio a Milladoiro, e a tomar viños a San Lazaro. Os nosos fillos van ás guarderías en Santiago e os nosos pais pasan o día no Centro de Día de Volta do Castro. O único que facemos na nosa vivenda de Teo é durmir. E tristemente así seguirá sendo se non goberna alguén que faga servizos no Concello.

Hoxe preocupame máis quen vai a gobernar en Ames e en Santiago que en Teo. 
Se finalmente goberna Noriega, para él a súa "Insula Barataria", se seguimos así a ver canto se tarda en aniquilar o Concello.
Se non fose pola hipoteca a nosa familia de 6 membros xa estabamos empadroados en Santiago".

PECHE DE CAMPAÑA CON PAPATORIAS VARIAS

logo21.00 h.- Gran Mítin cierre de campaña en Lucí, na Praza dos Encontros. 
(IGUAL HASTA LEVAN GOGÓS, avisamos que as novicias de Teo hoxe non poden estar) 


Inicio A merda de blog teoaberto non está actualizado pero na webería concretan

AS 21,30 H NO RESTAURANTE PÓRTICO EN CACHEIRAS

(eu vou ir paparlles un pincho)

Bloque Nacionalista GalegoPazo de Adrán –Calo-. 20:30 H. Non sabemos se haberá moita papatoria pero PAYASOS SÍ o espectáculo está garantizado (salvo que lle pincharan onte o neuroléptico claro).

jueves, 19 de mayo de 2011

AO BLOQUE DE TEO VÉSELLE O PLUMEIRO

As continuas declaracións de Martiño Noriega revelan a súa clara preocupación por mostrarse como unha forza  dialogante, é unha contradicción cando afirma que "NON VAI A PACTAR" en declaracions a Radio Obradoiro pero miren o que dixo para Tierras de Santiago:

<< Además, el alcaldable nacionalista destacó en que el ejecutivo que dirige "dialoga permanentemente coa cidadanía >>
<<A día de hoxe, Teo é un Concello que non clasifica aos veciños entre os teus e os meus",>>

É DICIR O MUNDO Ó REVÉS



Esta situación está moi ben argumentada no seguinte enlace http://0z.fr/E3PJP

ACTOS PARA HOXE XOVES DÍA 19

logo21.00 h.- Mítin en Oza, na Casa Común de Rivas.


Inicio MEDIATECA DO GRILO EN CACHEIRAS AS 20:30 H 


Bloque Nacionalista GalegoCasa Común de Rarís. 20:30 H.

¿PERO COMO TE PRESTAS MARTÍN?

AMIGOS ESTE É O XOGO DE ATOPA-LO ERRO NA FOTO

miércoles, 18 de mayo de 2011

El PP se propone ampliar setenta plazas de educación infantil en Teo

Unha das dúas alternativas democráticas para gobernar teo


Santiago / La Voz
 
18/5/2011



Para favorecer la conciliación de la vida familiar y laboral, el PP de Teo propone ampliar 70 plazas de educación infantil, con un nuevo centro específico en Cacheiras e incrementar puestos en los tres existentes. Además, desarrollará el programa de madrugadores en colegios de infantil y primaria, para atender a los escolares, afirma.
Otros proyectos que anuncia para Teo son poner en marcha programas de ocio y estimulación cognitiva para las personas mayores en edificios que están en desuso y que se rehabilitarán para ese fin; además de incrementar la teleasistencia, la ayuda en el hogar, el programa de dependencia y cátering a domicilio; promover talleres de empleo vinculados al bienestar o eliminar barreras para ganar mayor accesibilidad.

logo

José Antonio Patiño

Nº3 da candidatura

ACTOS PARA HOXE MÉRCORES 18

logo21.00 h.- Mitin en Bamonde, no local sociocultural.


InicioLOCAL SOCIOCULTURAL DA RAMALLOSA 20:30 H Lucí


Bloque Nacionalista GalegoRestaurante San Martiño, Casalonga-Calo. 20:30 H.

GRANDE AMÁLIA: O 18 DE MAIO SEGUIMOS A DISFRUTAR DA CULTURA


Nada hai coma escoitar un fado para relaxarse un pouco e a un tempo reflexionar sobre a súa letra, "Povo que lavas no rio", é o poema, o fado, que representa máis íntimamente o alma portuguesa. Pedro Homem de Mello é o poeta portugués autor da letra. Por certo que, para o fado, seu poema tivo que reducir algunhas estrofas. Así é o poema orixinal:

Povo que lavas no rio
Que vais às feiras e à tenda
Que talhas com teu machado
As tábuas do meu caixão,
Há-de haver quem te defenda,
Quem turve o teu ar sadio,
Quem compre o teu chão sagrado,
Mas a tua vida não!

Meu cravo branco na orelha!
Minha camélia vermelha!
Meu verde majericão!
Ó natureza vadia!
Vejo uma fotografia...
Mas a tua vida, não!

Fui ter à mesa redonda,
Beber em malga que esconda
Um beijo, de mão em mão...
Água pura, fruto agreste,
Fora o vinho que me deste,
Mas a tua vida não!

Procissões de praia e monte,
Areais, píncaros, passos
Atrás dos quais os meus vão!
Que é dos cântaros da fonte?
Guardo o jeito desses braços...
Mas a tua vida, não!

Aromas de urze e de lama!
Dormi com eles na cama...
Tive a mesma condição.
Bruxas e lobas, estrelas!
Tive o dom de conhecê-las...
Mas a tua vida, não!

Subi às frias montanhas,
Pelas veredas estranhas
Onde os meus olhos estão.
Rasguei certo corpo ao meio...
Vi certa curva em teu seios...
Mas a tua vida, não!

Só tu! Só tu és verdade!
Quando o remorso me invade
E me leva à confissão...
Povo! Povo! eu te pertenço.
Deste-me alturas de incenso.
Mas a tua vida, não!

Povo que lavas no rio,
Que vais às feiras e à tenda,
Que talhas com teu machado,
As tábuas do meu caixão,
Pode haver quem te defenda,
Quem turve o teu ar sadio,
Quem compre o teu chão sagrada,
Mas a tua vida, não!

martes, 17 de mayo de 2011

CLAREXANDO IDEAS NO DÍA DAS LETRAS


Un servidor, redactor xefe do blog, xa sabía que o video de Greve Geral ía axiña a causar comentarios dos radicais neonazonalistas, pero precisamente aproveito esta editorial para clarearlles algún conceptos. Gracias aos que se paren a lela.

DO NOSO IDIOMA

O galego non precisa de ser defendido e menos por interesados políticos, só precisa de ser falado, lido e escrito, esa é a mellor forma de amalo e conservalo. Xa é mágoa que certos persoeiros teñan que esperar aos dezasete de Maio para lembralo. O galego hai que cultivalo todolos días. Lonxe de fronteiras ideolóxicas o galego ten un claro dono, é de quen o queira. Inda así moitos intentan apropiarse del, facelo seu e facer de sí unha identidade. Ése precisamente e o gran dano que o neonazonalismo galego capitaneado polo partido político BNG e os seus agoreiros está a facerlle á nosa lingua. As súas políticas de implantación idiomática e desprecio do castelán fan que o galego se engaiole nun espazo limitado ás mentes dos máis intolerantes. Unha lingua sempre medra se é libre porque unha lingua é cultura e cultura é liberdade, para iso compre a convivencia, pluralidade e o respecto.

DO NAZONALISMO

O nacionalismo é unha forma de política que xurde da oposición a un estado moderno, son formas de facer avanza-los intereses das élites, os grupos sociais e os gobernos extranxeiros en contra do Estado. Existe unha idea equivocada segundo a cal o nacionalismo emerxe dun senso cultural da identidade nacional dun povo, poren moitos estudos sociolóxicos teñen demostrado que o nacionalismo é un xeito de crear un senso de identidade para mobiliza-lo apoio popular. Exemplos históricos de ncionalismo son:
  • A oposición nacional de Inglaterra e Francia durante os primeiros tempos modernos.
  • O separatismo dos imperios de Habsburgo e Otomano.
  • O fascismo en Alemania, Italia e Romania.
  • O nacionalismo reformista na China, Xapón e Turquía.
  • Os nacionalismos separatistas escocés, vasco, canadiense, etc...
DA NOSA IDEOLOXÍA

Nos non apoiamos a ningún partido político, e menos en Teo tal e como está o panorama. Simplemente defendemos a idea de liberdade, participación cidadán e dirixentes públicos ao servizo da cidadanía. Dentro destes límites compartimo-la existencia de calquera ideoloxía. Este perfil democrático non foi amosado polos últimos alcaldes de Teo, nin Armando Blanco nin moito menos Martiño Noriega. É por iso que na situación actual pedímolo voto para que o Bloque Nacionalista de Teo non goberne os vindeiros catro anos. E cadaquen que baixe as escaleiras como queira, inda que postos a escoller preferimos un goberno de esquerda para Teo.

Gracias a todos i en especial a Lois Pereiro pola túa herdanza inmaterial pero eterna...

"Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos en nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferenza alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos. Paisaxes dispersas, aliñados entre os Perfís do Pasado, coa Presenza dunha vexetal sensación de eternidade. Paixón e Poses "punk", reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbáns da noite.".
 LOIS PEREIRO. Do libro POEMAS 1981/1991 (Edicións Positivas. Santiago de Compostela, 1992).

GREVE GERAL: O CURMÁN CORUÑÉS DE NORIEGA

Se non o ves ben preme este link: http://dl.dropbox.com/u/16101440/GreveGeral.mp4