martes, 17 de mayo de 2011

CLAREXANDO IDEAS NO DÍA DAS LETRAS


Un servidor, redactor xefe do blog, xa sabía que o video de Greve Geral ía axiña a causar comentarios dos radicais neonazonalistas, pero precisamente aproveito esta editorial para clarearlles algún conceptos. Gracias aos que se paren a lela.

DO NOSO IDIOMA

O galego non precisa de ser defendido e menos por interesados políticos, só precisa de ser falado, lido e escrito, esa é a mellor forma de amalo e conservalo. Xa é mágoa que certos persoeiros teñan que esperar aos dezasete de Maio para lembralo. O galego hai que cultivalo todolos días. Lonxe de fronteiras ideolóxicas o galego ten un claro dono, é de quen o queira. Inda así moitos intentan apropiarse del, facelo seu e facer de sí unha identidade. Ése precisamente e o gran dano que o neonazonalismo galego capitaneado polo partido político BNG e os seus agoreiros está a facerlle á nosa lingua. As súas políticas de implantación idiomática e desprecio do castelán fan que o galego se engaiole nun espazo limitado ás mentes dos máis intolerantes. Unha lingua sempre medra se é libre porque unha lingua é cultura e cultura é liberdade, para iso compre a convivencia, pluralidade e o respecto.

DO NAZONALISMO

O nacionalismo é unha forma de política que xurde da oposición a un estado moderno, son formas de facer avanza-los intereses das élites, os grupos sociais e os gobernos extranxeiros en contra do Estado. Existe unha idea equivocada segundo a cal o nacionalismo emerxe dun senso cultural da identidade nacional dun povo, poren moitos estudos sociolóxicos teñen demostrado que o nacionalismo é un xeito de crear un senso de identidade para mobiliza-lo apoio popular. Exemplos históricos de ncionalismo son:
  • A oposición nacional de Inglaterra e Francia durante os primeiros tempos modernos.
  • O separatismo dos imperios de Habsburgo e Otomano.
  • O fascismo en Alemania, Italia e Romania.
  • O nacionalismo reformista na China, Xapón e Turquía.
  • Os nacionalismos separatistas escocés, vasco, canadiense, etc...
DA NOSA IDEOLOXÍA

Nos non apoiamos a ningún partido político, e menos en Teo tal e como está o panorama. Simplemente defendemos a idea de liberdade, participación cidadán e dirixentes públicos ao servizo da cidadanía. Dentro destes límites compartimo-la existencia de calquera ideoloxía. Este perfil democrático non foi amosado polos últimos alcaldes de Teo, nin Armando Blanco nin moito menos Martiño Noriega. É por iso que na situación actual pedímolo voto para que o Bloque Nacionalista de Teo non goberne os vindeiros catro anos. E cadaquen que baixe as escaleiras como queira, inda que postos a escoller preferimos un goberno de esquerda para Teo.

Gracias a todos i en especial a Lois Pereiro pola túa herdanza inmaterial pero eterna...

"Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos en nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferenza alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos. Paisaxes dispersas, aliñados entre os Perfís do Pasado, coa Presenza dunha vexetal sensación de eternidade. Paixón e Poses "punk", reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbáns da noite.".
 LOIS PEREIRO. Do libro POEMAS 1981/1991 (Edicións Positivas. Santiago de Compostela, 1992).

8 comentarios:

  1. un servidor bloggero ya te contesté en mi blog, ánimo que si sigues copiando tus editoriales en los blogs de los demás malo será que no aumenten tus visitas

    ResponderEliminar
  2. Esa es la intención Manel, y gracias por publicarmelas. Saludos.

    ResponderEliminar
  3. Eso, eso...noticas pincha para aumentar o seu número de visitas ... vaia merda de video que colgaches, quedouche a cabeza descansada amigo redactor xefe

    ResponderEliminar
  4. Sr. Redactor; por chamarlle dalgún xeito. Non nos veña agora con milongas. Se sente remordementos pense e mida as súas verbas antes de soltalas. A mellor palabra é a que queda sen dicir. O Director da Real Academia Española, José Manuel Blecua, tamén é para Vde. un neonazonalista radical? Eu penso que non é sospeitoso de selo. Pois infórmese un chisquiño mais ao respecto e logo esbardalle o que lle veña en gana ou o que lle pete. O Sr. Blecua; Director da Real Academia Española; di, moi claro, que é necesaria a inmersión linguística das linguas minoritarias do Estado para salvagardalas da presión do castelán. Entón, daquela quén quere dinamitar o progreso democrático, educativo, cultural e humanístico? Acaso a Unesco non está a favor; pedagóxicamente falando; da inmersión liguística? A Comisión da Unión Europea, mesmo recomenda, que se falen e defendan as línguas minoritarias en todos os estados membros da UE. Eiquí e agora estamos a falar dun idioma milenario ao cal Vde. insultou gravemente. Para nada estamos a falar de política ou dunhas determinadas siglas. Non queira agora vostede agocharse na historia do fascismo, dos nacionalismos separatistas e non sei en que mais farrapos de gaitas. Vde. meteu a zoca até a ingua e non sabe como auto xustificarse. Pero se quere falar de política; por qué non fala tamén do neonazonalismo español? Vde. mesmo se contradí cando fala de que o galego é de todos/as. Ninguén está a desprezar o castelán. Hoxe, eiquí é agora estamos a defenderen o galego. Deixe o castelán tranquilo que ninguén lle preguntou por el. Se acaso falemos do castelán, por exemplo, un 23 de abril; parécelle? E, aínda, ten a cara dura de falar de pluralidade, liberdade e respecto. Igualiño que Galicia Bilíngüe e o galego harmónico.! Cal é a língua que está en perigo? Quén creou na Galiza un problema linguístico que non había? Ande, corra e pregúntelle ao Sr. Feijóo e compaña. Anque, case mellor, ao Sr. Rajoy; renegado das súas raíces. Ninguén se quere apropiar do galego nen facerse dono del. Iso tan só existe no seu curto maxín ou alguén llo contou. Outra cousa, é que haxa xente boa e xenerosa disposta a defendelo para que non morra. Non caia Vde. tamén na inxuria dos iñorantes e escuros. Boa noite, por dicir algo!

    ResponderEliminar
  5. pero eu estou flipando. debe ser que eu vin outro video, porque ninguen se mete co galego en él, só con determinados persoaxes que se apropian do desexo de todos os galegos de defender a súa identidade (que non a súa nazóm).é un video de coña, parodiando, e non creo que sexa para poñerse así ao non ser que vos sexades como o persoaxe que se parodia.
    que pasa que no día das letras galegas, un non pode por un video que parodia o nacionalismo do bloque e de ami? qué pasa, que a defensa do galego é solo vosa, que o galego é da vosa propiedade? e logo, en qué carallo de idioma está escrito este comentario? en sefardí?
    a ver se non confundimos idioma con nación, nin cultura con política, nin defensa con fanatismo.
    eu non apoio os de galicia bilingue, ´pero eles se sinten igual de atacados coma voa, cando se fala da necesidade de apoiar ao galego.
    MENOS INTOLERANCIA POR TODAS AS PARTES E MENOS INSULSTOS. UN PODE DEFENDER AS SÚAS POSTURAS CON IDEAS, NON SEXAMOS RADICAIS.

    ResponderEliminar
  6. Volto a dicir que malia que voso interese é tal, nada máis lonxe da nosa intención é descalificar ningún idioma, e moito menos no que falamos. Nin ánimo teño de contestarvos porque é tan básico, tan simple o voso movemento que nin sequera criticades as ideas expostas senon que seguides vehiculizando todo en torno ao apropiamento da lingua. Como dí John Breuilly "un medio de crear un senso de identidade para mobiliza-lo apoio popular".

    ResponderEliminar
  7. O insulto non está no vídeo; claro que non. Polo tanto non flipes. Até o da paródia chegamos!. A aldraxe a NOSA LINGUA, AO NOSO IDIOMA ou A NOSA FALA; como quirades chamarlle; está na parafernalia e sarta de trapalladas mentireiras do redactor xefe do blog.

    ResponderEliminar
  8. A min dende logo paréceme bastante apropiado o que neste post expon o redactor. Inda iría máis lonxe, porque a única diferenza entre a ideoloxía nazi e a ideoloxía nacionalista que anidou en Teo é que estes non teñen o apoio popular dos outros, por sorte son unha minoría. Pero ¡ollo!, a metade da súa masa social está enganada, pensan que están a participar dun partido plural, demócrata e de esquerdas. Magníficas trazas da teoría do nacionalismo de Breuilly. Tamén recomendo a lectura de "Historia de la teoría política" de Fernando Vallespín.
    Dígovos máis, eu como profesor de Socioloxía sei que segundo as teoría de interaccionismo simbólico, poden suceder dúas cousas:
    Que o Bloque se disolva.
    Que o Bloque se fragmente e progrese ideoloxicamente, e por fín poida xurdir en Galicia un nacionalismo moderado, igual que nas outras nacionalidades históricas de España, Euskadi e Cataluña.

    ResponderEliminar