viernes, 20 de mayo de 2011

TEO 2025

NON QUEREMOS QUE TEO SE CONVIRTA NUN CONCELLO PANTASMA, SOLUCIONEMOS XA A POLÍTICA CACIQUIL E IMPOSITIVA DOS ÚLTIMOS ANOS, OO DOMINGO 22 DE MAIO VOTA CAMBIO



ESTE É O COMENTARIO QUE FACÍA ONTE UN VECIÑO

"É verdade meu. Nos traballamos en Santiago, imos á piscina a Bertamiráns, imos ó ximnasio a Milladoiro, e a tomar viños a San Lazaro. Os nosos fillos van ás guarderías en Santiago e os nosos pais pasan o día no Centro de Día de Volta do Castro. O único que facemos na nosa vivenda de Teo é durmir. E tristemente así seguirá sendo se non goberna alguén que faga servizos no Concello.

Hoxe preocupame máis quen vai a gobernar en Ames e en Santiago que en Teo. 
Se finalmente goberna Noriega, para él a súa "Insula Barataria", se seguimos así a ver canto se tarda en aniquilar o Concello.
Se non fose pola hipoteca a nosa familia de 6 membros xa estabamos empadroados en Santiago".

8 comentarios:

  1. Pois si que e verdade si ningúen vos prohibe empadronarvos noutro sitio. Cando mercastes a vosa casa en Teo había moitos servizos???
    Para que quenes levamos vivindo toda a vida en Teo, sabemos que a carencia real de servizos no concello e unha herencia de fai moito tempo. Non vou a nombrar a nadie, pero dende logo esa persoa foi o grande cancro de Teo. En época de esplendor económico e de melloras dos concellos veciños Teo e en especial "a parella" fixeron o que fixeron.
    Ahora tras 4 anos, as carencias siguen presentes, si pero considero que houbo melloras e importantes, marxe de mellora moitísimo... pero Guerra e o seu equipo non me convencen mais ben asústanme.

    ResponderEliminar
  2. Curiosamente "a perella" conseguiu aprobar o seu PXOM con o alcalde Martiño Noriega que aparte de condenar a Teo aprobando este PXOM que reduce o urbanismo a un conxunto de aldeas incomunicadas, malgastou os 1500 millons de ingresos para infraestructuras dos que dispuxo estes catro anos. ¿Que alguén me diga por favor qué servizos fixo o BNG? eu non os vexo por ningures.

    ResponderEliminar
  3. A `"parella" son Armando e Parajó.

    ResponderEliminar
  4. 1500 millóns de que ???? de euros... si que derrocharon mi madriña, ahora entedo porque o alcalde comprou unha casa en Calo.

    ResponderEliminar
  5. Non home non, 1500 millons de pesetas (9 millons de euros).

    ResponderEliminar
  6. Pois o partido no goberno ten publicado este documento onde mais ou menos reflexa onde se gastaron eses 9 millóns de euros.
    http://www.bng-galiza.org/opencms/export/sites/default/BNG/teo/contidos/arquivos/descargas/planoS-teo-bng.pdf

    Que pena non hai piscina...pero traquilo que a terás en breve e o centro de día que se iba a facer en Calo... xa sabedes todos porque non existe.

    A miña opión e son consciente de que é a "miña" é que a como se dou a lexislatura... bastante fixeron.

    Por certo os 1500 millóns de Euros vanlle facer falta ó Señor Guerra para facer todo o que promete.

    ResponderEliminar
  7. Pois o que eu dicia, 9 millons en gravillas e arreglar os galpons de Armando para chamarlle casas comuns. Tedes valor...

    ResponderEliminar
  8. mais servizos = mais gasto publico = mais debeda = mais empregados publicos.
    Hay q reducir gastos e baixar impostos¡

    ResponderEliminar