lunes, 20 de junio de 2011

FESTIVAL MUSICA NA NOITE 2011

O festival celébrase 1 e o 2 de xullo. O escenario, o campo de San Domingo, na parroquia de Calo.

Venres 1 de Xullo actuarán a banda Ataque Escampe, GalegoZ, Novedades Carmiña, e Medomedá. 
Sábado 2 de Xullo será o momento de escoitar a banda de gaitas da Sociedade Recreativa de Calo, Os Estalotes, a Bellón Maceiras Quinteto, a Mercedes Peón e Ultraqäns.
Como é costume nos últimos anos a presencia da música feita en Teo está garantida coa participación do grupo Medomedá e da banda de gaitas da SR de Calo, nunha mostra da música máis tradicional e máis moderna, toda ela do Concello.
Música na noite é un festival folk que naceu no ano 1987 promovido pola asociación cultural Lúa Chea. Nesta etapa converteuse nun festival de referencia en Galicia polo que pasaron as mellores formacións folk galegos. No ano 96 deixou de realizarse por dificultades de organización. O ano 2008 foi o momento da súa recuperación de novo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario