lunes, 13 de junio de 2011

OS CANDIDATOS ELECTOS DE TEO FORON INVESTIDOS CONCELLEIROS O PASADO SABADO

Noriega foi reelexido alcalde o Sábado 11 nun pleno que comezou as 11:26 horas. Os cabezas de lista do BNG, Martiño Noriega, e do PP, José Manuel Guerra, presentaron a súa candidatura. A proposta do Partido Popular contou só cos votos favorables dos seis concelleiros do seu grupo, e os votos en contra do BNG e do PSOE. Martiño Noriega contou co apoio dos 9 concelleiros do Bloque Nacionalista Galego, os seis do Partido Popular en contra e a abstención da representante do Partido Socialista. No pleno non estivo Manuel F. Parajó Liñares, representante electo de InTeo, que excusou a súa presencia por motivos de saúde, segundo explicou a secretaria municipal. A concelleira do Partido Socialista que tomou posesión da súa acta foi a número dous da lista, por renuncia do que fora cabeza de lista.


CRÓNICA: O salón de plenos repleto, máis bloqueiros cansflautistas do que era de desexar, outros neovotantes da nova ola do Bloque, algún Popular, algún Socialista e dos ou tres comunistas despistados que andabamos por alí. A verdade e que non desbordaba de neonazonalismo, senon de galeguismo e moi fino e elegante, ahí si que o fixo ben o alcalde. Logo cagouna cando promete gardar a Constitución e ó Rei e 5 minutos despois fala do "exercicio republicano". Eu tamén chimparía ó Rei pero xamáis como representante público, meu. O alcalde entregou simbólicamente o bastón a Lucho do Peto que é algo así como se fora Fraga para algúns ou Carrillo para outros, tan feitos doutra madeira, moi dura. Logo cantamos todos o himno, a maioría non sabía a letra porque na escola estaba prohibida no seu tempo. Pero a nota folklórica foi para Guerra, que xa empezou a non enterarse de nada, a pouco máis nin se vota a si mesmo. Non vos perdades os vindeiros capítulos nos plenos...esto promete, bueno os do PP xuraron todos.

10 comentarios:

  1. na foto, parece que a do psoe se está xuntando cos do BNG? anda o sol que mais quenta, eh!!!

    ResponderEliminar
  2. Si, deberon de facer unha linea de separación entre os do PP e os do BNG e poñela a ela no medio. Pero a culpa de sair a si de mal a foto ¿sabedes de quen é?


    De Jano Leis, lógicamente...

    ResponderEliminar
  3. Fas ben neniña, ao PP CERO PATATERO, ao Bloque xa veremos...
    A ver se se van subir ás cadeiras ás mesas!
    Que algúns do Bloque sean uns energúmenos non convirte en anxos aos do PP.

    ResponderEliminar
  4. pouca mais teñen os do PP que os BNG

    ResponderEliminar
  5. Así q agora o que fora o loubado Jano Leis xa é só "o que fora cabeza lista" sin nome non apelido, xa non se pode nin nomear, explicádeme algo que non entendo nada.

    ResponderEliminar
  6. Que cho explique a gabinetista de prensa do Concello, porque esa parte da "notiza" está copiada dalí (pintor surrealista).

    ResponderEliminar
  7. Nace un nuevo blog en TEo: Freedomforteo.blogspot.com

    ResponderEliminar
  8. Freedomforteo es otro blog que nace con rencillas pasadas, amenazando con sacar documentación. Así nos va. Mientras no miremos hacia delante, los radicales seguirán de rositas. Este Teo no tiene solución, la izquierda hundida, los nacionalistas radicales gobernando y los fascistas esperando para gobernar.

    ResponderEliminar
  9. No he encontrado el freedom ese, existe o es un bulo ?

    ResponderEliminar
  10. O de Guerra e a súa banda é de pena... non saben ninpor onde andan. Esta será unha lexislatura perdida para construir unha oposición democrática no noso concello.

    ResponderEliminar