viernes, 3 de junio de 2011

A MÁMOA ORGANIZA A VI MOSTRA DE CORAIS NA IGREXA DE LUOU


A A.C. A Mámoa de Luou organiza un ano máis a VI Mostra de Corais este sábado 4 de xuño a partir das 21:00 horas. Nesta ocasión ademais de poder escoitar á coral polifónica de Luou, a organizadora, os asistentes poderán ver as actuacións da coral polifónica de Chantada e a coral polifónica Frol Nova de Chapela.
Esta mostra realizarase na igrexa de Luou e cada unha das corais interpretará varias pezas. A coral polifónica Frol Nova de Chapela, baixo a dirección de Dª Rebeca Sestelo cantarán as pezas Hermosas, Cantares, Frol Nova, Lévame, A tu lado e De Ronda. 
A coral polifónica de Chantada conta coa dirección de Dª Estela Alonso e cantarán as seguintes pezas: Tres hojitas madre, No tardes Tom, A Tilleira, Compañeira e Os Cesteiros.
A coral anfitriona, a de Luou traballa coa dirección de D. Juan Núñez e este sábado interpretarán Ay Maruxiña, Velaí vai, Máis vale trocar, Bello angel mío e o Boiadeiro.

Descarga do programa completo:
http://www.concellodeteo.com/imxd/noticias/doc/1307009520coraisluou.PDF

No hay comentarios:

Publicar un comentario