jueves, 5 de mayo de 2011

MARTIN NORIEGA E O SEU ENFRENTAMENTO DIXITAL COS VECIÑOS


INSULTOS
A campaña social "Teo é teu" é novedosa no fondo e na forma. Por iso entendo que non sexa comprendida por representante públicos como o señor Parajó. 

DESPRECIOS
Dentro do Partido Popular da a sensación dunha necesidade de agochar, polo menos en actos públicos, ó seu candidato.

CINISMO
O BNG de Teo é unha forza nacionalista que programa unha actividade cultural destinada a unha poboación plural e diversa.

ARROGANCIA
Coido que o Partido Socialista, e especialmente o seu portavoz, o señor Leis, non fixo unha dixestión axeitada do mandato cidadán de fai catro anos.

CACIQUISMO
As prazas para regularizar a situación de Protección Civil figuran xa no orzamento do 2010 prorrogado, e é vocación do grupo de goberno sacalas.

HIPOCRESÍA
Non vou a entrar en valoracións do que di ou non di o señor Beiras, porque non me corresponde a min.

MENTIRA
durante o verán, polo aumento de consumo, existen problemas de abastecemento, e durante o abastecemento en días de moita choiva, problemas puntuais de turbidez

DESCALIFICATIVOS
Por decilo elegantemente, coido que o señor Parajó ten un compromiso ético difuso na administración pública; o señor Leis antepón as súas percepcións persoais e as súas frustracións ao interese xeral do concello; e o señor Guerra está agochado detrás dun grupo de asesores que non me permiten percibir cal é o proxecto político que ten para o concello de Teo, aínda que me da a sensación de que non está preparado.

APOIO Á COALICIÓN RADICAL BILDU
Coido que na situación de Euskadi se están a vulnerar dereitos fundamentais e que se non somos capaces de visualizalos nos estamentos xudiciais, será Estrasburgo quen nos acabe quitando ás cores

EGOLATRÍA
Noraboa, alcalde pola tua sinxeleza, profesionalidade...
O que si interioricei durante estes catro anos é a necesidade de gobernar, independiente das miñas conviccións políticas, para unha maioría social plural e diversa, encaixando as críticas cando se dan e intentando mellorar cada día. 


14 comentarios:

  1. Este non é o alcalde que quero para Teo. Como nos engañou fai catro anos!!

    ResponderEliminar
  2. Tiven ocasión de seguilo encontro e certamente apréciase un reproche veciñal na maioría das preguntas.

    ResponderEliminar
  3. teo é meu, é noso, pero este alcalde non é o meu, nin o noso

    ResponderEliminar
  4. e un cara dura, menudo tipo, lobo con pel de perica.

    ResponderEliminar
  5. Foi o unico que falou claro. Guste ou non, parece o mais axeitado prá alcaldía. Os outros nin ideas, nin respostas, nin proxectos.

    ResponderEliminar
  6. Claro que fala muy claro, e a min polo menos deixoume claro que é un radical e un sátrapa. E penso que moitos que votamos o BNG hai catro anos non imos voltar a caer no erro.

    ResponderEliminar
  7. Pois eu vos digo que aparte del non hai que perderse a Sisto e a Carmen Hermida que son moito peores. Prefiro con máis a xente que leva na lista o PP ou o PSOE, xente nova e que a priori non están manchados coa merda de todos estes.

    ResponderEliminar
  8. BNG e PP a mesma merda é! ¿onde carallo teñen o programa electoral? ahí se demostra que son todo pantalla panorámica e traballan para o seu bolsillo e non para os veciños. ¿Que van a fecer? uns que metan no cú o boulevard e os outros que vaian a falar o seu galego a Allaríz con Quintana que a min non me van a enseñar 4 radicales a falar o meu idioma. Escudanse na nosa cultura para facer unha política de ordeno e mando. Hay que quitarlles a máscara a estes do Bloque falsos nacionalistas e falsos progresistas. Desmostrarase pronto que o BNG non ten razón de ser no mundo democrático.

    ResponderEliminar
  9. Moi bo resume do que contestou hoxe Martiño. un listo incomprendido

    ResponderEliminar
  10. ¿E falou algo do pacto do PXOM con ese elemento "difuso" chamado Parajó?

    ResponderEliminar
  11. Este Martiño, non o coñezo no plano persoal pero dende logo teño ido a moitos plenos do Concello e a súa actitude cos compañeiros da oposición é malísima. Igual que reflexa no encontro dixital menosprecia a todos. O que máis a Parajó. Non mantén para nada as formas de cortesía que serían de desexar entre representantes públicos.

    ResponderEliminar
  12. Bosquexe, compare e se atopa algo mellor....merque! Está moi clarexado o asunto. Os outros candidatos; uns máis e outros menos; todos nos venden a moto. O Sr. Noriega fala moi claro e todo elo cunhas preguntas moi ben seleccionadas, que máis que preguntas mesmo parecían dardos envelenados. Qué pasa, que as verdades ofenden? Vender moreas non custa cartos. Logo o cumprilas xa é fariña doutro fardel. Por certo, alguén falou dun mundo democrático? Iso non iría polo Sr. Guerra ou mesmamente polo Sr. Parajó? Alguén falou de enmerdentados? O mundo ao revés. Ver para crer! Igoal eu ollei outro "Encontro Dixital".

    ResponderEliminar
  13. Eu tan só desexaría que a campaña que se aveciña non trocara nun esperpento ou campaña xuxa.
    Se así for, a máis dun candidato íanlle sair as cores. Verdade, Sr. Guerra? Verdade, Sr. Parajó?
    Dicirlle ao Sr. Jano Leis que prescindindo del, aínda quedaría PSOE.
    Como ben dicía o Sr. Noriega, gostaríame moito que houbera debates entre todos os candidatos. Sería un bo xeito de quitarlle a careta a máis dun e ao mesmo tempo que a cidadanía de Teo soubera de que pé coxea cada quén.
    Teño para mín que, o do debate, vai ser unha tarefa imposíbel. Dame que hai moito cobarde agochado. Ou será.....qué non saben defenderse falando faciana con faciana? Pois vai a ser iso.
    Se o resto de candidatos senten un chisco de vergoña, que non nos priven aos teenses de coñecer a verdade escura de cadanseu. Saúdos cordiais para os catro.

    ResponderEliminar
  14. OTRA PAYASADA MÁS DE MARTIÑO:
    "Creo que a miña profesión é a miña liberdade. Non mundo dá política, saber onde tes a túa profesión dáche liberdade á hora de situarche. Nestes catro anos, por non perder ou contacto fixen vos cursos de doutorado"
    ¿DESDE CUANDO EN LOS CURSOS DE DOCTORADO SE APRENDE ALGO?

    ResponderEliminar