miércoles, 11 de mayo de 2011

DORNAS POLBEIRAS "A XOUBA"

CULTURA GALEGA NO É BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Para os que pensen que a cultura galega nacéu nos 80 cando se conglomerou o BNG deixamos este anaco de historia.

Dende o século IX moitas como a "Xouba" xa oían falar galego ós seus tripulantes. A dorna é unha embarcación característica da ría de Arousa pero que aparece tamén representada noutros espazos como a illa de Ons ou Noalla.Podemos definila como extraordinaria en canto a funcionalidade, economía de materiais e facilidade de fabricación. O seu reducido tamaño e o seu escaso peso facilitaban os traballos de mantemento e as reparacións, realizadas normalmente nas praias. As particularidades construtivas deste barco revelan a súa antigüidade e convérteno en algo atípico non só en Galicia senón na península ibérica. Segundo os estudosos, a orixe da dorna gardaría relación con barcos escandinavos (como o bote das illas Feroe, sobre a base das investigacións de Staffan Mörling), que poderían ter servido de inspiración aos carpinteiros de ribeira a raiz dos ataques viquingos a Galicia dende o século IX.A dorna usábase fundamentalmente para a captura de polbo pero tamén para a pesca con poteira, para o marisqueo con rastro, etc. e normalmente era manexada por unha soa persoa aínda que podían participar máis mariñeiros, dependendo da súa eslora.

¿VICHES MARTIÑO QUE NON TODOS SOMOS ROMANOS?

1 comentario:

  1. Equivócaste o Bloque xa existía en tempos dos romanos o que pasa que se chamaba Bloque Nazonalista Galo e un dos seus xefes de tribu era Noriegacenturix Primeiro.

    ResponderEliminar