Noriega foi reelexido alcalde o Sábado 11 nun pleno que comezou as 11:26 horas. Os cabezas de lista do BNG, Martiño Noriega, e do PP, José Manuel Guerra, presentaron a súa candidatura. A proposta do Partido Popular contou só cos votos favorables dos seis concelleiros do seu grupo, e os votos en contra do BNG e do PSOE. Martiño Noriega contou co apoio dos 9 concelleiros do Bloque Nacionalista Galego, os seis do Partido Popular en contra e a abstención da representante do Partido Socialista. No pleno non estivo Manuel F. Parajó Liñares, representante electo de InTeo, que excusou a súa presencia por motivos de saúde, segundo explicou a secretaria municipal. A concelleira do Partido Socialista que tomou posesión da súa acta foi a número dous da lista, por renuncia do que fora cabeza de lista.

CRÓNICA: O salón de plenos repleto, máis bloqueiros cansflautistas do que era de desexar, outros neovotantes da nova ola do Bloque, algún Popular, algún Socialista e dos ou tres comunistas despistados que andabamos por alí. A verdade e que non desbordaba de neonazonalismo, senon de galeguismo e moi fino e elegante, ahí si que o fixo ben o alcalde. Logo cagouna cando promete gardar a Constitución e ó Rei e 5 minutos despois fala do "exercicio republicano". Eu tamén chimparía ó Rei pero xamáis como representante público, meu. O alcalde entregou simbólicamente o bastón a Lucho do Peto que é algo así como se fora Fraga para algúns ou Carrillo para outros, tan feitos doutra madeira, moi dura. Logo cantamos todos o himno, a maioría non sabía a letra porque na escola estaba prohibida no seu tempo. Pero a nota folklórica foi para Guerra, que xa empezou a non enterarse de nada, a pouco máis nin se vota a si mesmo. Non vos perdades os vindeiros capítulos nos plenos...esto promete, bueno os do PP xuraron todos.